Nota de prensa
O ALCALDE DE RIBADEO APOIA A FOLGA XERAL DE HOXE, ORDENOU QUE LLE DESCONTEN ESTE DÍA DO SEU SALARIO AÍNDA QUE CONTINÚA A TRABALLAR CON NORMALIDADE.
Ribadeo, 27 de xaneiro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, comprende os motivos da folga xeral que hoxe vive Galiza e apoia a convocatoria, de feito ordenou que lle desconten este día do seu salario, como xa fixera o pasado 29 de setembro, aínda que continúa a traballar con normalidade.
O rexedor dixo que “apoio a folga ata o punto de que din instrucións para me desconten o día de salario igual que ao resto dos traballadores que secundan esta convocatoria e ao igual que fixen o pasado 29 de setembro. Pero son alcalde de Ribadeo e sigo a traballar nesta xornada atendendo aos veciños e tentando resolver as súas queixas e problemas. Estou unha xornada máis ao pé do cañón”.
Suárez Barcia engade que “aínda que apoio a folga respecto profundamente a todos os que neste día decidiron seguir traballando”.