Este concurso esta dirixido aos nenos/as do concello nas seguintes categorías: preescolar (nen@s de 3, 4 e 5 anos), de 1º e 2º de primaria, de 3º e 4º de primaria, de 5º e 6º de primaria, de 1º a 4º de ESO. Os traballos entregaranse na biblioteca municipal hasta o sábado 19 de febreiro. Haberá tres premios de lotes de libros/material escolar por categoría. Os traballos terán que ter como base o papel (folio, cartón, etc.), pero se lle poderán engadir outros materiais, e as caretas non poderán superar o tamaño de un folio A4. Os premios ás mellores caretas entregaranse canda os gañadores dos premios infantís do Desfile de Antroido de Xove. Con tódolos traballos realizarase unha exposición na biblioteca municipal.
A biblioteca municipal de Xove organiza un concurso de caretas de antroido
A biblioteca municipal de Xove organiza un concurso de caretas de antroido
Relacionado
-
O deputado Daniel García visitou as instalacións do Club de Remo de Ribadeo, que ampliou o seu equipamento coa compra dunha nova embarcación coa colaboración da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación
-
Teatro en San Cibrao este sábado, 7 de decembro
-
Continúan as rutas que organiza a guía Ana Pena pola Mariña no mes de decembro