Nota de prensa
O PP pide a retirada dos postes en desuso das instalacións de FEVE, apelando ás boas relacións existentes desde sempre entre a empresa pública e o concello.
Afirman que esa actuación non está contemplada por FEVE para o presente ano 2011.
A Xunta investiu preto de corenta e oito mil euros na estación de autobuses.
O Partido Popular de Burela considera que os postes de formigón de tendido eléctrico e alumiado, xa en desuso, existentes no recinto da Estación de Ferrocarril deben ser retirados polo feismo e polo incremento paulatino da súa inseguridade.
A tal efecto, os populares veñen de presentar unha moción no concello para que esa retirada sexa efectiva ó longo do presente 2011. Lembran que hai dous meses formularon unha pregunta no pleno pero o alcalde contestou dando evasivas, como é a súa costume, e sen comprometerse a nada, como tamén é habitual.
Ademais, os populares afirman que dentro do proxecto de actuacións contempladas por FEVE para o presente ano non se contempla tal retirada, polo que é o momento de formular esta petición, que non dubidan que FEVE atendería, tendo en conta as excelentes relacións que sempre houbo entre o concello e a empresa pública.
Os populares indican que FEVE comenzará en breve a realizar as actuacións previstas, por ese insisten na bondade do momento.
Finalmente, o PP afirma que a Xunta investiu uns corenta e oito mil euros na reforma da instalación eléctrica e está prevista a realización de outras actuacións por parte da Comunidade Autónoma.