A MEMORIA DOS PEIXES
A primeira cousa relevante que fixo o goberno do PP de Cervo no ano 1999, tras a súa chegada ao goberno municipal, foi levar aos xulgados aos concelleiros do goberno da etapa socialista pola concesión dunha licenza de obra. Despois chegou a apertura do expedinte (suspensión de emprego e soldo) a un traballador do concello que tiña a mala sorte de militar, coma non, no mesmo partido que aqueles que habían precedido ao PP durante 12 anos, lonxe de deixar aos traballadores do Concello facer o seu traballo arremeten contra outro baixándolle a categoría coa conseguinte redución de salario, saben vostedes con quen simpatizaba? Pois iso; mais tarde, durante o conflito da reordenación do CEIP Rivera Casás en San Ciprián, chegaron as denuncias do goberno do PP a dez membros de familias que optaban pola conservación do edificio público (entre eles, estaba meu pai e o meu cuñado, polo simple feito de selo). Despois, Alfonso Villares, actual alcalde de Cervo, empregaríase a fondo para acosar aos nenos do Rivera Casás privándoos de servizos básicos (luz e auga e polo conseguinte, de calefacción en pleno mes de decembro). Da recalificación do solo no entorno do Rivera Casás baseada en informes técnicos erróneos, mellor nin falamos.
Mais recentemente a apertura dun expedinte a un policía local, desvelou que os populares de Cervo danlle mais credibilidade a unha denuncia “anónima” que as explicacións ben argumentadas dun traballador do seu propio concello.
En todos estes casos, a xustiza quitoulle a razón ao equipo de goberno do PP, pero sen embargo, dato curioso, o PP non fixo o que pide agora aos concelleiros da oposición: pagar do seu propio peto os gastos dos procedementos que non lles foron favorables, a pesares de que un alto porcentaxe do orzamento municipal vaise para sufragar estes gastos, tamén cabe recordarlle que falar de asumir as costas que lle derivou ao Concello e facer demagoxia, dado que a defensa xurídica dos Concellos, coma ben sabe o Sr. Balseiro, pode ser levada a cabo polos servizos xurídicos da Deputación con coste cero para os Concellos, como xa se ten feito nalgún caso, nesta ocasión o equipo de goberno optou por contratar os servizos do que fora o Alcalde do PP do Concello de Mondoñedo, gastos que poderiamos ter evitado.
Con estes “logros sociais” acadados nos últimos anos polo PP, impoñendo a política do pau a todo o que non vaia na súa liña do que entende por goberno, preséntase ante a cidadanía o Sr Balseiro, tachando a nosa labor de oposición coma de “labor de persecución”.
Pensa que perdemos un recurso, pero nós e os veciños de Cervo, realmente gañamos unha explicación, que lamentablemente doutro xeito nos sería negada. Deste xeito puidemos coñecer a sorte que teñen algúns veciños do concello, que nun mesmo día, presentan unha solicitude, entra polo rexistro, pasa directamente a comisión de goberno (que casualmente había a primeira hora desa mesma mañá) e nesa mesma comisión resolvese o expedinte. Todo un logro e celeridade nun concello, onde os veciños esperan meses antes de recibir as resolucións das xuntas de goberno, cada vez mais escasas. Tamén sabemos que o solicitante, a diferenza do resto de veciños que teñen que cubrir as súas solicitudes, só tivo que firmar o documento con fe cega, pois a literatura, escribiuna o concello.
Estas accións poñen de manifesto que neste Concello hai veciños de primeira e de segunda e se me apuran un pouco incluso de terceira, este grupo estaría formado por aquelas persoas que están a sufrir acoso por parte do equipo de goberno, como e o caso dos veciños de Espiñerido que por defender o que eles manifestan que é privado, viron como invadían a súa propiedade e como lle impedían o acceso rodado a súa vivenda.
Unha vez feito este exercicio de memoria polo tempo de unha forma somera, exercicio que lle recomendo ao Goberno do Concello de Cervo, que parece ter memoria de peixe, eu preguntaríalle ao Sr. Balseiro que me dixese realmente quén esta perseguindo a quén.
LARA MENDEZ LOPEZ