Nota de prensa
O Alcalde de Foz, José Mª García Rivera, manifesta que no día de hoxe, 20 de xaneiro de 2011, se adxudicou o bar do Centro Social a Dª Monserrat Fernández Pérez, que rexenta o Bar Cafetería Express, situada na Rúa Alvaro Cunqueiro.
Dita adxudicación é debido á maior oferta presentada tanto técnica como económica, polo que esperamos que unha vez asinado o contrato no día de hoxe, se prepare para canto antes poder comenzar a laboura en dito centro.
O Alcalde tamén manifestou que todas estas xestións e elaboracións de pregos para a nova contratación que se realizou, leva un tempo, debido a que non se poden saltar os prazos nin apurar os trámites máis do que a Lei permite, polo que lle manifesto ao Partido Popular, que se tranquilice e se relaxe, que neste goberno municipal temos ben demostrada a nosa atención e o noso cariño hacia os maiores do noso municipio.
José Mª García Rivera, manifestou que unha vez asinado o contrato por ambas partes sólo resta que a adxudicataria tome posesión de dito negocio e se poña a funcionar o antes posible.