Nota de prensa
En Atalaia, con dirección para notificar en Acevedo Rodríguez 4 de Ribadeo,
dado o estado de abandono no que se atopan as Vivendas de Profesores en Paco
Lanza, que non sería permitido se o titular fose un particular, e a
necesidade demostrable que temos en Ribadeo e nas poboacións veciñas de
Residencia, Pisos con servizo para maiores e persoas dependentes.
Tendo en conta que se trata dunha necesidade social e que ao mesmo tempo
achegaría beneficios económicos a esta zona ao xerar emprego e que a
aplicación de Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía
Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia require dun
impulso da Administración Pública para a creación de novos servizos de
atención.
SOLICITAMOS que desde o concello de Ribadeo realícense as xestións que se
precisen para destinar a Residencia-Centro para maiores e dependentes ese
inmoble público en estado ruinoso e xa que a Vivenda Tutelada sita en
Rosalía de Castro é alugada, podería iniciarse con pouco custo con
carácter inmediato a rehabilitación dunha desas vivendas e trasladar alí
o Servizo de Piso Tutelado co consecuente aforro para as arcas municipais.