Nota de prensa
O ALCALDE DEFENDE A TRANSPARECENCIA COA QUE SE REALIZARÁ A SELECCIÓN DE PERSOAL DO PLAN LUGO EMPREGA. LLANO CRITICA A ACTUACIÓN QUE ESTÁN A TER OS POPULARES NESTE ASUNTO.
Burela, 13 de xaneiro de 2011. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases do plan Lugo Emprega da Deputación. Segundo explicou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, “ditas bases refírense a concellos con menos de 5.000 habitantes como Alfoz, Valadouro o Xove. No caso de municipios máis grandes como é o de Burela nós faremos a nosas propias bases de acordo coa lei e co que marca a Deputación. Farémolo xa a partires da semana que ven, para que a xente que queira acudir a participar nesta selección de persoal poida facelo. Aquí terán todos categoría de peón e tentaremos empregar a 22 persoas. Estamos rematando de definir as prazas máis convintes para o noso concello, queremos incluir albañís, xardiñeiros, pintores… será por un prazo duns seis meses e os soldos serán de 900 a 1.000 euros aproximadamente”.
O rexedor considera que “é unha boa solución para moitas familias agora mesmo, imos procurar que sexa totalmente transparente o proceso e o máis acorde posible coas necesidades do noso pobo. Quero denunciar que desde o PP se están a mandar mensaxes como si todo dependese deles e están a crear ansiedades e malas informacións dicindo que son eles os que van decidir estes postos de traballo. Este proceso será o máis transparente posible, eso quero garantizarllo a todo o mundo, todo o mundo terá a opción de acceder a eses postos de traballo”. Alfredo Llano insiste en que “é unha cuestión importantísima para a creación de emprego na provincia de Lugo, é unha iniciativa excelente da Deputación e ninguén pode manipular todo o que se está a facer con esto. A partires da semana que ven seguirá todo o proceso. Os interesados en obter información que se dirixan ao Concello non a ningunha sede de ningún partido tal e como se está vendendo de xeito totalmente irresponsable. Todos os que queiran participar xa saben onde estamos”.