Nota de Prensa
A peña barcelonista San Miguel disfrutou dun sábado de fútbol.
A PB San Miguel, desprazouse o pasado sábado día 8 de xaneiro a Coruña, para asistir ó partido de Liga Deportivo – Barça.
A expedición partiu dende Ribadeo ás 10 h., logo de face-las paradas oportunas ó longo do traxecto para recoller ós participantes na viaxe, chegaron á cidade herculina a mediodía.
As primeiras horas en Coruña foron aproveitadas para as típicas compras de rebaixas, visitas turísticas e para disfrutar da gastronomías.
A partir das 6 da tarde empezaron os pratos fortes da xornada.
A esa hora tiñan concertada unha reunión con Crak do mundo radiofónico futbolístico, Alfredo Martínez. Éste recibiu ós membros da peña, na cafetería do hotel Hesperia. Alí, durante máis de hora e media charlaron da actualidade barcelonista, futbolística e peñista, recibindo unha información que non se trasmite a través da prensa ordinaria.
Alfredo Martinez, demostrou, como xa o fixera na visita á peña en novembro de 2.009, que ademáis de ser un dos mellores profesionais, é unha mellor persona, atendendo con toda amabilidade e cordialidade ós alí presentes. Todo un exemplo a seguir por outras persoas que se cren endiosadas.
Ó remate desta reunión, os peñistas desprazáronse ó estadio de Riazor. Tras uns minutos polos arredores do estadio, onde puideron presencia-la chegada do Barça, tomar contacto con peñas e afeccionados de toda España, accederon ó estadio para disfrutar do mellor equipo de fútbol, o Barça, quen cunha solvencia extraordinaria gañou o partido, dando espectáculo, batindo records e amosando novamente que a día de hoxe non hai equipo no mundo que o poida tutear xogando ó fútbol.
Coa victoria e unha gran satisfacción polo disfrutado ó longo da tarde, volta para a casa, nunha juerga continua que tivo remate ás 4 da madrugada cando o autubús chegou a Ribadeo.
Polo camiño tamén quedou unha pequena celebración de cumpreanos do presidente da peña e dun dos seus socios, Patarego, o neno pequeno e revoltoso.
Agora xa está a programa-la viaxe para Xixón, que terá lugar o día 12 ou 13 de febreiro, esperando sexa outro día de gloria como o pasado sábado.