Nota de prensa:
A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS CONCEDE AXUDAS A PEMES PARA A POSTA EN MARCHA DE ACCIÓNS DE MELLORA AMBIENTAL, SEGUNDO INFORMA A AXENCIA DE SOSTIBILIDADE DE RIBADEO.
Ribadeo, 7 de xaneiro de 2011. A Axencia de Sostibilidade do Concello informa que o pasado martes, 4 de xaneiro, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras publicou no Diario Oficial de Galicia as axudas a PEMES para a posta en marcha de accións de mellora ambiental. As subvencións poden acadar o 60% do custo das devanditas accións, que deben orientarse á redución ou mellora da xestión dos residuos, á redución das emisións contaminantes ou á implantación de sistemas de xestión ambiental.
Os interesados en consultar a orde en detalle poden solicitala á Axencia de Sostibilidade de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org) para recibila por correo electrónico.