Nota de prensa:
A Xunta de Galicia quere reforzar a conectividade dos concellos de Cervo, Ourol, Vicedo, Viveiro e Xove coa capital provincial
BALSEIRO SALIENTA O INVESTIMENTO DA XUNTA QUE ACHEGARÁ PRETO DE 15O MIL EUROS PARA A MELLORA DA COMUNICACIÓN DA MARIÑA OCCIDENTAL CON LUGO
o O DOG publica hoxe a adxudicación definitiva á empresa Applus para a redación do seu estudo previo, que analizará os distintos tráficos, o impacto ambiental das alternativas propostas e as condicións xeolóxicas.
Santiago, 5 de xaneiro de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro salientou o investimento -preto de 150 mil euros- que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas achegará para a mellora da comunicación da Mariña Occidental con Lugo.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a adxudicación definitiva á empresa Applus para que desenvolva a redacción do estudo previo destinado a analizar a viabilidade das distintas actuacións a desenvolver, e a determinar a solución técnica máis favorable que permita vertebrar esta zona da provincia lucense na súa conexión coa capital da provincia.
Con esta análise, que deberá realizarse nunha lonxitude aproximada de eixo de 67 quilómetros, o departamento que dirixe Agustín Hernández disporá de información para propoñer posibles enlaces de conexión coa rede viaria existente, co fin de facilitar o acceso das poboacións próximas a esa nova vía.
O obxectivo deste proxecto, segundo explica o deputado popular, é analizar reforzar a conectividade dos concellos de Cervo, Ourol, Vicedo, Viveiro e Xove coa capital lucense e, polo tanto, son todos os seus veciños os beneficiarios desta actuación que ten un prazo de execución de oito meses.
PORMENORES DO ESTUDO
O estudo analizará a mellora da comunicación de Lugo coa Mariña occidental, para elo recopilaranse e analizaranse os datos necesarios para definir en liñas xerais as distintas solucións técnicas que se poidan desenvolver e, nomeadamente, deberán estudarse o tráfico da vía, tempos de percorrido e custes. No caso de que solución proposta sexa unha nova vía deberán propoñerse os posibles enlaces de conexión coa rede viaira existente co fin de facilitar o acceso á mesmas das poboacións próximas. O estudo definitivo debe incluír ademáis da cartografía, prospección arqueolóxica, análise de impacto ambiental, compatibilidade cos planeamentos municipais e captción de tráficos. O prazo de execución previsto para este estudo non debe superar os 8 meses.
A Consellería de Medio Ambiente sinala o persoal necesario para desenvolver este estudo previo entre o que inclúe dous titulados superiores en enxeñería de camiños, canales e portos –un deles con máis de cinco anos de experiencia-, un axuliar administrativo e un delineante. Para o estudo ambiental precisarase un biólogo, dun enxeñeiro en montes ou agrónomo, dun delineante. Ademais a Xunta prevé o uso de vehículos todoterreo. Tamén será preciso a contratación dun arqueólogo e dun xeólogo para as prospección arqueolóxicas e ensaios de xeotecnia.