Nota de prensa
Escrito integro da miña dimisión como Concelleiro no pleno de hoxe.
Así mesmo comunicolles que mañá remitirie ó Departamento de Afiliación e Censo a miña solicitude de baixa no partido.
Escrito de dimisión
Como xa anunciara fai un tempo, hoxe fago oficial o meu divorcio político co Grupo Socialista de Foz, aínda que un, non podo separarse da ideloxía que defendín e seguirei defendendo ,pois para defender uns ideales ,un non ten porque militar nun partido e menos cando ese partido se marchou deles.(Talante, Consenso……….)
Despois de máis dun ano sen poder falar nesta corporación, e ante a imposibilidade de poder facer aquelo que máis me gusta, como é o de traballar para os veciños de Foz, en especial para aqueles que maís o necesitan, quero facelo hoxe por última vez na presente lexislatura.
E quero empezar decindo, que me une a esta corporación motivos moi distintos dos que me separan, pois no primeiro caso úneme as ganas e ilusión de traballar para o noso pobo, pero sepárame a autoridade dictatorial dunha persoa.
-Quero agradecer a maioría dos membros da corporación o seu comportamento político e persoal con este Concelleiro, tamén en xeral a todo o persoal deste Concello, e de forma máis particular ao persoal da Casa da Cultura polo seu traballo e colaboración.
Deixo está corporación por vontade propia, ainda que obrigado polas circunstancias, pois o fago por as diferencias co meu grupo político e por non compartir a forma de goberno do Sr Alcalde, en especial neste último ano 2010, do que non podo se máis complice desta política de derroche e sen ter enconta as necesidades dos nosos veciños..
É ben certo que o de entregar a acta de Concelleiro é un acto voluntario , neste sentido é bo recordarlle a algúns que si entrego a acta ao P.Socialista é por coherencia coa miña forma de pensar e de facer, de igual xeito que foi votar sempre en consoancia co Grupo Socialista a pesar de non compartir algúns dos acordos acadados, así pois pido disculpas ós cidadáns que me votaron e que non compartan conmigo o xesto de facer entrega da acta.
Ultimamente estamos a escoitar, que si agora todo funciona moi ben, que si Jaime Cancio é moi malo, que si ten dúas caras,…… pois teño que recoñecer que si é certo, teño dúas caras, unha cara alegre e unha triste, que é xustamente a que me toca hoxe, despois de 15 anos traballando para os veciños de Foz , para un partido político e tamén para que un Sr fora Alcalde , e despois dun ano no que non se me permite poder facelo.
En todo caso é mellor ter esas dúas caras, que ter máis cara que espalda.
Que agora todo marcha moi ben, que a actividade cultural está non seu máximo explendor………..teño que decir que este Concelleiro que sempre defendeu a Cultura neste pobo se alegraría si así fora, o que si vai ben é o derroche que se práctica últimamente:
Partida 451-22601, gastos protocolarios
-2009 …………….7.228 € (J.Cancio)
-2010 .máis de 14.000 € (Sr Alcalde)
Partida 451-22607 Festejos poulares
-2009 …………77.800 € (J.Cancio)
-2010 máis de 100.000 € (Sr Alcalde)
……..e así podiamos seguir con máis exemplos…claro que antes non se podía gastar pero agora non hai problema . Agora manda ordena e decide.
Ainda así, alégrome que ó día de hoxe a cultura do noso pobo sexa unha prioridade para o Sr Alcalde, pois mellor tarde que nunca.
Ano 2010:
Teño que manifestar que non me gusta nin o emplazamento, ni que se decida gastar na instalación dunha pantalla luminosa preto de 20.000 euros, cando se tiña asinado un convenio cunha empresa que a poñía a coste cero para o Concello, xestionando a publicidade e deixaba reservado un espacio gratuito para o Concello.
Non me gusta o tratamento do emplazamento e funcionalidade do CENIMA, e así o demostra que haxa que gastar nel, preto de 120.000 € ainda que apenas está estreado e sobre todo a falta de diálogo cos veciños colindantes.
Non me gusta que se privatizara o servizo de axuda da lei da dependencia, cun claro perxuizo para os traballadores e o servizo.
Non me gusta a mal chamada Aula da Natureza, nin me gusta como se vai a gastar un millón de euros da Deputación, tendo en conta a situación actual e as necesidades dos nosos veciños.
E xa me gustaría que o Sr Alcalde fora tan voluntario en facer rodas de prensa con todas as sentencias xudiciais que chegan e condenan ao concello incluidas as de temas urbanísticos.
Todo o que está acontencendo neste goberno ,hai que enmarcalo no chamado SINDROME de HYBRIS, nesa embriaguez de poder que padece o Sr Rivera.
Pois eiqui non se discute, un cese máis un cese menos, o que se discute é funcionamento ilegal e antidemocrático dun partido e a forma de gobernar dun Sr .
Non podo entender como alguén que se chufa de persoa sería pode decir cousas ó 99% como verdade , e resultar mentira ó 100 %
Creo na democracia, no talante , no consenso e no diálogo, como valores fundamentales do funcionamento político e sobre todo nas políticas de ezquerdas que axuda a quen máis o necesita, e sempre tentei de poñelo sobre a mesa, así pois isto é o que quero pedirlle ós REIS MAGOS para o 2011 para esta mesa da corporación.
Creo que o esencial da política é decir o que se fai, e facer o que se dí, e creo que un pode ser profesional da politica, pero nunca tería que ser asalariado da política.
E para rematar como estamos nas datas nas que nos encontramos desexarlles un bo ano, e como non, a miña felicitación a compañeira que dentro de pouco ocupará esta silla da corporación.