Nota de prensa
MEDIO CENTO DE PERSOAS E 12 MÁQUINAS QUITANEVES ACTÚAN PARA MANTER A VIALIDADE NAS ESTRADAS DE TITULARIDADE AUTONÓMICA NA PROVINCIA DE LUGO
* A circulación mantense normalizada nos preto de 1.500 quilómetros de vías depedentes da Xunta no territorio lucense
Lugo, 25 de decembro de 2010.- Un dispositivo de traballo composto por medio cento de persoas e 12 máquinas quitaneves mantívose en activo durante dende a noite do pasado xoves para asegurar a vialidade nas estradas de titularidade autonómica dentro da provincia de Lugo.
O operativo traballou con continuidade durante a xornada de Noiteboa e aínda está en marcha durante a actual de Nadal, actuando en especial sobre as zonas altas da parte oriental da provincia, onde se manifestaron problemas a causa das nevadas e o xeo acumulado.
En puntos do tecido de estradas nos municipios de Pedrafita e A Fonsagrada foi preciso durante algúns momentos das últimas 60 horas o emprego de cadeas para asegurar a circulación. Na mañá de hoxe, a rede de estradas de titularidade autonómica en Lugo tiña a súa circulación normalizada.
O dispositivo da Xunta esparexeu arredor de 100 toneladas de fundentes de sal e salmuera nas vías, empregando para ello os 11 silos distribuídos estratéxicamente pola provincia (no Corgo, Pedrafita do Cebreiro, Xermade, A Pastoriza, Quiroga, Begonte, Castroverde, Chantada, O Incio, e dous na Fonsagrada) para este tipo de cometidos.