Nota de prensa
NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA
O PP burelés, co traballo mui avanzado de cara ás eleccións.
Tres comisións internas rematarán en xaneiro o traballo preelectoral.
Deseñan áreas de actuación municipal.
O Partido Popular de Burela ten mui avanzado o traballo preparatorio de cara ás eleccións do vintedous de maio do ano próximo. Así se comprobou na asamblea de afiliados que tivo lugar no día de onte, xoves.
Dentro do partido, os populares teñen funcionando tres grupos de traballo, cada un co seu cometido específico, que levan traballando desde hai tres meses, e que en xaneiro rematarán o seu traballo.
Asimismo, os populares valoraron positivamente a rolda de reunións, ben con veciños polos distintos barrios da vila, ben con asociacións, levada a cabo nos catro últimos meses, e comenzarán de novo unha rolda de conversas á volta das festas de Nadal e Reis, para transmitir a mensaxe do PP, coñecer os problemas reais e recoller suxerencias.
Os populares traballan xa no deseño das distintas áreas de actuación municipal, para constituir un equipo homoxéneo e capacitado, e polo tanto forte, por suposto mui lonxe do bipartito actualmente no goberno, que se caracteriza pola existencia de dous compartimentos estancos que impiden desenvolver unha eficaz labor de goberno.
Os populares tamén lembran que son o único grupo político local que xa ten proclamado o seu candidato oficialmente, algo que deu moito que falar por parte de algúen, e que choca coa ausencia de pronunciamento oficial que se está a dar tanto no PSOE coma no BNG.
O comité local do PP burelés reunirase de novo á volta das festas de Nadal e Reis.
O PP deséxalles a todos os veciños e veciñas de Burela un Bon Nadal.