Din que é de ben nacido o ser agradecido… así que hoxe propúxenme agradecer á vida todas esas cousas fermosas que ten… porque telas tenas, e é xusto darlle de cando en vez ao César o que é do César. Así que grazas… grazas por darme vida e facerme sentir vivo. Grazas polo ceo e as súas estrelas. Grazas pola lúa, polo sol, polos planetas, polos luceiros. Grazas polo vento e polo mar que rumorean baixiño todo o ano. Grazas polas nubes. Grazas polas pegadas sobre a area. Grazas polas ondas, pola choiva e polas madrugadas que me animan e desvelan. Grazas polos grilos. Grazas.
Grazas por darme sensibilidade. Por permitirme rir e chorar, por deixar que sexa eu mesmo a miúdo. Grazas por facer que ela se cruzase no meu camiño, e así coñecer as súas miradas, os seus bicos, as súas risas, a miña filla e os meus netos. Grazas polo sexo, pola comida, polos campos e as veredas, grazas pola tolemia e o delirio. Grazas pola miña familia. Grazas polos meus amigos. Grazas por deixar que hoxe mire ao futuro con optimismo. Grazas pola literatura, polos contos e as novelas… pola poesía… grazas por Neruda. Grazas pola astronomía, pola escultura e a arquitectura… pola pintura…pola cerámica… grazas por Botticcelli e Picasso e moitas grazas por Gaudí. Grazas por vós. Polos que virán, polos que se foron. Grazas pola música. Grazas.
Grazas polos paxaros, polas bicicletas e polos amenceres. Grazas tamén polos atardeceres, e polas palabras que dan agarimo. Grazas polas ilusións, polos soños… por todos
os soños, grazas.
Espero non deixar de darche nunca as grazas, vida… oxalá… quen sabe. Pero creo que esta é unha boa forma de ficar o ano. Así que… grazas… si, moitas grazas.
Cando relein este articuliño, veume á memoria esta canción de Violeta Parra:
Grazas á vida, que me deu tanto. // Deume dous luceros, que cando os abro, // Perfecto distingo o negro do branco, // E no alto ceo o seu fondo estrelado, // E nas multitudes o home que eu amo.
Grazas á vida, que me deu tanto. // Deume o oído que, en todo o seu ancho, // Grava noite e día grilos e canarios // Martelos, turbinas, ladridos, chuvascos, // E a voz tan tenra da miña ben amado.
Grazas á vida, que me deu tanto, // Deume o son e o abecedario. // Con el as palabras que penso e declaro, // “Nai,”, “amigo,” “irmán,” e os alumando // A ruta da alma do que estou amando.
Grazas á vida, que me deu tanto. // Deume a marcha dos meus pés cansos. // Con eles andei cidades e charcos, // Praias e desertos, montañas e chairos, // E a casa túa, a túa rúa e o teu patio.
Grazas á vida que me deu tanto Me deu o corazón, que axita o seu marco. // Cando miro o froito do cerebro humano, // Cando miro ao bo tan lonxe do malo. // Cando miro o fondo dos teus ollos claros.
Grazas á vida que me deu tanto. // Deume a risa, e deume o choro. // Así eu distingo dita de quebranto, // Os dous materiais que forman o meu canto, // E o canto de vostedes que é o mesmo canto.
E o canto de todos que é o meu propio canto. // Grazas á vida que me deu tanto.
Otero Regal