Foz/Xove (M.F.O.) .- O C. B. Xove, na visita do TGM Arzúa, case volveu a facer outra remontada imposible tras ir perdendo por 20 puntos e quedouse so a tres de conseguilo (81-84). Os mariñáns fixeron un partido con altibaixos pois na primeira parte a falta de intensidade defensiva provocou uns grandes porcentaxes de tiro dos visitantes. No último cuarto a reacción do Xove foi impresionante recuperando case 20 puntos no marcador. Na xogada final Adrián lanzou unha tripla, para empatar o encontro, que a punto estivo de entrar. Polo C. B. Xove xogaron: Ángel(4), Pablo Santiago(14), Fernando(10), Andrés(7), Adrián(20), Juanma(11), Álvaro(4), Cristian(6), Brais(5) e Alberto.
O C. B. Celtas-Primera Calidad segue sumido na crise de resultados e esta vez perdeu contra Maristas Coruña por 62 puntos a 50. Destacar a recuperación de Diego Cao tras varios partidos lesionado.