Nota de prensa
O Partido Popular insta a Leal a que devolva a acta de deputado provincial
Lugo, a 21 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Lugo voltou a reclamar hoxe a Guillermo Leal que devolva a súa acta de deputado provincial que, segundo se recalca, lexítimamente pertence á formación política.
Insisten dende o PP en que a elección de deputados provinciais é indirecta e lémbranlle a Leal que gracias ó apoio que no seu día el mesmo lle pediu ós alcaldes e concelleiros populares do Partido Xudicial de Mondoñedo para representar ó PP por este partido xudicial na Deputación, foi designado deputado provincial.
En base a elo, os populares argumentan que, de non facer efectiva a súa renuncia, os alcaldes e concelleiros deste partido xudicial, e mesmo os cidadáns que apoiaron co seu voto ó PP nas pasadas eleccións municipais, verían diminuída a súa representación e, por conseguinte, a defensa dos seus intereses. É por elo que en aras de garantir o grado de representatividade acadado polo PP no Partido Xudicial de Mondoñedo, instano a que coa maior celeridade posible proceda a facer efectiva a súa renuncia á acta de deputado provincial.
Ademais, o Grupo provincial do Partido Popular solicitou hoxe oficialmente na Deputación a baixa de Guillermo Leal Arias como membro deste grupo a todos os efectos. No que atinxe ó Partido Popular continúa o proceso de expulsión xa aberto e que neste caso tamén afecta ós outros catro concelleiros de Viveiro que como el anunciaron o seu paso ó grupo dos non adscritos.