Nota de prensa
APROBADA UNHA INICIATIVA SOCIALISTA PARA A EXECUCCIÓN DO PROXECTO DE REXENERACIÓN DO ANTIGO PORTO DE VIVEIRO
– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lembrou na súa intervención que este espazo marítimo é unha concesión do Estado que ten a Xunta de Galicia para “un espacio portuario e non para facer un aparcamento subterráneo”
– Dixo que o propio alcalde de Viveiro ten impulsado a proposta dunha actuación a realizar pola Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, de rexeneración de toda esta zona da costa na marxe dereita da ría de Viveiro
– Explicou que este espazo leva en desuso mais de dez anos nun estado lamentable
Santiago de Compostela , 16 de decembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe na Comisión 8º do Parlamento para reclamar a Xunta que declare o conxunto das instalacións do antigo Porto de Viveiro como infraestructura en desuso, coa finalidade de facilitar a execución do proxecto redactado polo departamento de Costas do Goberno central, para a rexeneración da marxe dereita da Ría de Viveiro entre a Ponte da Misericordia e o Porto deportivo. A iniciativa que foi transacionada foi aprobada por unanimidade.
Rego lembrou na súa intervención que este espazo marítimo é unha concesión do Estado que ten a Xunta de Galicia para “un espacio portuario e non para facer un aparcamento subterráneo”, recalcou.
O deputado sinalou que a radicación do espazo portuario no centro do enclave urbano de Viveiro e as instalacións de naves e galpóns tapando unha parte importante da súa fachada marítima fixo que dende hai anos os responsables do concello e a propia Xunta traballasen na dirección de ir eliminando os galpóns.
Dixo que o propio alcalde de Viveiro ten impulsado a proposta dunha actuación a realizar pola Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, de rexeneración de toda esta zona da costa na marxe dereita da ría de Viveiro.
Explicou que este espazo leva en desuso mais de dez anos nun estado lamentable, por iso insistiu “ou fagan ou deixen facer”. Reclamou que as tres administracións se poñan dacordo para atopar unha solución “co fin de que esta actuación sexa unha realidade no menor tempo posible”, resumiu.
TEXTO APROBADO POR UNAMIDADE NA COMISIÓN 8º DO PARLAMENTO:
Insta a Xunta de Galicia a impulsar un acordo entre o ente publico Portos de Galicia, a Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar e do Concello de Viveiro para viabilizar a execución dun proxecto de rexeneración do espacio marítimo terrestre entre o Porto Deportivo de Viveiro e a Ponte da Misericordia.