Nota de prensa:
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLERÁ O SÁBADO O FESTIVAL INTERPARROQUIAL DE NADAL
* A actividade dará comezo ás 18.00 horas e está organizada pola Unidade Pastoral de Cervo en colaboración co Concello de Cervo.
Cervo, 16 de decembro de 2010.- A concellería de Cultura que dirixe a popular Chelo Gallego, ven de informar da celebración o vindeiro sábado, 18 de decembro, do festival interparroquial que tradicionalmente organiza a Unidade pastoral de Cervo co gallo das festas de Nadal.
A cita desenvolverase no Auditorio municipal da Casa da Cultura de San Ciprián a partires das seis da tarde con entrada libre e gratuíta. O festival incluirá as actuacións dos grupos de todas as parroquias do municipio, os cales realizarán representacións de teatro, lectura de poesías, panxoliñas e cancións típicas destas datas de Nadal que serán interpretadas por pais, nenas e nenos de catequese e post-comunión y confirmación. Os actos complementaranse cunha exposición e venda de produtos do comercio xusto por parte de Cáritas.
Pequenadal
Ao día seguinte tamén está prevista a celebración doutro festival de Nadal, neste caso o Pequenadal, organizado polo Concello de Cervo e ao que están convidados os nenos e nenas máis pequenos. Será ás 18.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura e o atenderán as profesionais do Punto de Atención á Primeira Infancia (PAI).