Nota de prensa:
REGO RECLAMA MAÑÁ NO PARLAMENTO QUE SE DECLARE O CONXUNTO DAS INSTALACIÓNS DO ANTIGO PORTO DE VIVEIRO COMO INFRAESTRUCTURA EN DESUSO, CO FIN DE REXENERAR A MARXE DEREITA DA RIA DE VIVEIRO
– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego intervén (mañá xoves día 16, pola tarde) na Comisión 8ª do Parlamento
Santiago de Compostela , 15 de decembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego intervén mañá pola tarde na Comisión 8º do Parlamento para reclamar a Xunta que declare o conxunto das instalacións do antigo Porto de Viveiro como infraestructura en desuso, coa finalidade de facilitar a execución do proxecto redactado polo departamento de Costas do Goberno central, para a rexeneración da marxe dereita da Ría de Viveiro entre a Ponte da Misericordia e o Porto deportivo.