Nota de prensa:
Barcia afirma que o Secretario Xeral para o Deporte inaugurará o campo de herba artificial o vindeiro venres.
O portavoz popular considera que a Xunta de Feijoo cumple con Burela.
O presidente do PP de Burela, José María González Barcia, anunciou hoxe que, agás problemas de última hora, o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, procederá a inaugurar oficialmente o campo de herba artificial da Marosa o vindeiro venres, día dezasete, ás cinco da tarde.
O presidente dos populares bureleses lembrou que o investimento foi de cincocentos cincuenta mil euros, dándose así cumplimento a un compromiso do PP burelés, iniciado en marzo de 2007, compromiso que foi asumido integramente pola Xunta que preside Núñez Feijoo. Barcia asegurou tamén que a execución desta instalación deportiva foi posible gracias a que a Xunta do PP foi quen de dar os pasos pertinentes para poñer en marcha un procedemento que fora paralizado no seu dia pola Xunta bipartita. O actual Goberno da Xunta foi quen licitou e adxudicou a obra.
Segundo González Barcia, a instalación deportiva está a funcionar a pleno rendemento e a súa calidade está a ser recoñecida polos usuarios da mesma. O presidente dos populares lembrou que as ampliacións do pavillón Vista Alegre se fixeron da man do PP, como as pistas de tenis da Marosa, o riego automático do campo de fútbol, a acometida de enerxía eléctrica ó mesmo, etc., o que demostra o compromiso decidido dos populares co mundo do deporte