Pablo Mosquera, director médico do hospital de Jarrio, presentará o seu novo libro, “Historias de Nunca Jamás”, o vindeiro sábado 18 de decembro, ás 20.00 horas, na Sala Bahía de Foz, ó remate do Festival do Asilo, que como cada ano se celebra para recadar fondos para a institución. A publicación recolle unha compilación de lendas que trancorren na Mariña Lucense. Está editado polo colectivo cultural Os Aventados e nel colaboran persoeiros como a escritora Espido Freire, Almudena Cid, Ramón Pernas, Xeada, Guerreiro, Otero Regalo ou Agustín Ibarrola, entre outros. Neste acto de presentación, o autor, Pablo Mosquera, estará acompañado por José Mª García Rivera, Alcalde do Concello de Foz.
Pablo Mosquera presenta o seu libro “Historias de Nunca Jamás” o sábado día 18 na Sala Bahía de Foz
Pablo Mosquera presenta o seu libro “Historias de Nunca Jamás” o sábado día 18 na Sala Bahía de Foz
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela