Nota de prensa:
O CONCELLO PROCEDERÁ DESDE MAÑÁ AO LAVADO DOS CONTEDORES VERDES. CUPEIRO PÍDELLES AOS VECIÑOS QUE NON DEPOSITEN O LIXO ATA DESPOIS DAS 11:30 DA MAÑÁ.
Ribadeo, 13 de decembro de 2010. O Concello procederá desde mañá, e durante toda a semana, ao lavado dos contedores de recollida do lixo (os de cor verde). O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, explica que “como todos os anos nestas datas que se aveciñan queremos ter estes recipientes do mellor xeito posible”.
O concelleiro nacionalista pídelles aos veciños que “non deixen o lixo nos contedores ata despois das once e media da mañá, porque antes estaremos procedendo á súa limpeza”. Cupeiro agradece a colaboración da cidadanía.