Nota de prensa
A música, a escena e a maxia da Mariña floreceron en FOZ-arte2010
O pasado venres, día 10 de Decembro, ás oito da tarde na Sala Bahía de Foz, un conxunto de artistas mariñáns, aficionados á música, ás artes escénicas e a maxia comezaron a servir con ilusión a primeira edición de FOZ-arte, un cóctel que deixou no público asistente un sabor agradable e aplaudido coa esperanza de voltar a saborealo en vindeiras edicións.
O apretado programa conducido con maestría por Anxo Rivas deu comezou coa presencia da “Guardia Civil de Tráfico” no monólogo interpretado por Ramón Ares seguido dunha emotiva dramatización poética ,”Foz na alma” ,maxistralmente interpretada pola voz de María Paz Rodríguez Silva acompañada do xenial acordeonista Lino Rico. Antón Crego complementou os primeiros impulsos da mostra cantando “A Natureza ” e ·Cómplices” dúas fermosas cancións.
O grupo de teatro ” A Adala” de Fazouro, cumplindo o seu décimo aniversario , abriu a parte teatral de forma orixial con “Unha tarde de pesca” que deu paso a Tono Alonso, a voz inconfundible e portensosa, que musicou e interpretou con personalidade singular a Curros e a Fernádez Abellla coas cancións ” Silenzo” ” Na Morte de Rosalía” e “Acouga Corazón”.
Raiolas de Alfoz demostrou o seu bo facer teatral pechando á primeira parte coa “Historia de Pepito o fracasado”.
A segunda parte foi máxica. O Mago Jorge con dous espectaculares xogos deixou patente a súa enorme calidade a mesma que demostraron Esperanza Pérez, María Paz Rodríguez e Lino Rico estreando ” Música de fume”,unha comedia musical que deu paso os compoñentes de “O Batán ” de Cangas para que dictaran “A Sentencia”.
Os merecidos aplausos finais foron para a excepcional voz e interpretación de Luis Rodríguez,”O Rosino”,na compaña dos grandes mestres Alex , á guitarra, e Lino Rico, ó acordeón, que puxeron broche de ouro facendo vibrar ó público ó son de “La Mañana”, “Alma llanera” ” El Rey” e “Dilaila”.
Esta primeira mostra da creatividade artística da mariña que floreceu na Sala Bahía cumpriu co obxectivo de abrir portas e fomentar a interrelación entre os participantes polo que fai medrar a esperanza de que , correxindo erros e mellorado aspectos puntuais, se recollan nun futuro próximo os froitos desta primeira edición de Foz-arte, organizada polo Concello de Foz, co seu alcalde e a técnico de Cultura Pilar López ó frente, e coordinada por Francisco Piñeiro que aplauden a asistencia dun público agradecido que cubriu máis de tres cuartos de aforo e a colaboración altruísta de tódolos participante