por Otero Regal
Navego ultimamente entre a preocupación e certo toque de melancolía. A crise afecta ao peto, pero tamén á atmosfera. E trasládase ao ánimo. Multiplícanse as palabras pesimistas, sabemos de economía máis que nunca (malo polo que significa), en toda parolada sae a relucir un amigo que as está a pasar canutas… Paso a paso, nas camiñadas que adoito dar polas catro esquinas de Viveiro cando necesito respirar de espírito, medra a impresión compartida de que esta crise rompe tantas ilusións como petos. Alguén dixome fai pouco que tiña a sensación no seu traballo de que todo o feito ata agora non serve de nada. Leva dez anos na empresa si cerra ou baixa moito o consumo do que alí se fai, chímpano fóra. E sempre cumpriu. Iso é moi serio.
Non obstante, non engado nada que vostede, lector, non saiba ou, o que é peor, non sinta. Tampouco se digo que, para colmo, o que máis sofre esta histeria colectiva dos números é o menos culpable da súa existencia. Non pinta ben. É evidente.
Sempre se dixo que se aprende máis das derrotas, crises, malos momentos e refachos, etc. Chameámoslles como queiramos que dos bos momentos ou vitorias, o tempo nolo dirá.
Pero un texto converteu a miña melancolía en cabreo. “Os dez consellos para sobrevivir á crise”, dicía. Alí leo recomendacións tan útiles como “unha cea na casa cos amigos pode ser tan divertida ou máis que nun restaurante” ou, mellor aínda: “en tempos de crise, non facer mudanza, non é momento para facer grandes gastos ou cambiar de moto ou coche”… “Acórdate de que podes levar os zapatos ao zapateiro”, remataba a lista, que invita a acudir ao cinema o día do espectador. Brillante. Xenial. Grazas, grazas, grazas…
O pesimismo envólvenos a todos..pero é un pesimismo provocado, deberiamos relaxarnos e ver que non todo está tan mal..As cousas canto mais mal se poñen, mais tensión hai no ambiente e peor vai todo, pero hai gastos básicos que non poden quitar… e por gastar 20 € nunha cea cos amigos non creo que nos saque a ninguén de pobres.
Por último para alegrar esa cara seique ían dous tíos moi borrachos , pero moito ,aló polas dúas da maña pola rúa de abaixo de Viveiro, de lado a lado apoiándose nos cristais dos escaparates, cando xa estaban a altura do “Pelos”que xa tiña as portas fechadas un deles entre hipo e hipo e con acento reflexivo dixo: Manuel entramos en crise, o que Manuel contestou “eu non entro en ningún mais xa bebín dabondo vou para a casa”.