Nota de prensa:
Para o GPPP o reparto de 9,5 millóns de euros en convenios é un paso adiante no sectarismo de Besteiro
Os populares advirten da ausencia de criterios obxectivos no reparto dos cartos
Lugo, a 11 de decembro de 2010.- O GPPP volve a denunciar a política clientelar e sectaria, guiada exclusivamente polo criterio partidista e electoral, que aplica José Ramón Gómez Besteiro ó fronte da Deputación bipartita. Esta nova critica xurde a raíz da decisión, adoptada por parte da Xunta de Goberno da Deputación, de asinar acordos con nove concellos por un importe total de 9,5 millóns de euros con cargo ó plan extraordinario de obras.
Para os populares, o reparto destes cartos a través de convenios significan un paso adiante no sectarismo de Besteiro, xa que dos nove concellos beneficiados, só un pertence ó PP e os oito restantes son afíns ó bipartito provincial.
O GPPP considera que esta actuación está guiada, ademais de polo partidismo, como queda demostrado, polo electoralismo: adóptase este acordo a cinco meses das eleccións municipais, nun intento desesperado de asentar certas alcaldías, ante unha posible perda do poder municipal e provincial. Pero, na opinión dos populares, os cidadáns non aceptan este tipo de triquiñuelas porque a pregunta obvia que xurde a este respecto é por qué non se fixeron antes. Se se trata de axudar a concellos con certo volumen de poboación, non se entende que queden fóra municipios con maior número de habitantes dos incluidos no acordo adoptado. Mesmo hai concellos cabeceiras de comarca que non serán participes destas actuacións, polo que dende o GPPP chegan novamente á mesma conclusión de que o obxectivo é exclusivamente electoral.