Disputouse na Coruña ao I Torneo Galicia Calidade, disputado por 8 equipos infantís femininos do toda Galicia, na pasada fin de semana, entre eles o do noso club CB. BURELA.
En xornadas de sábado e domingo o equipo Infantil feminino participou no devandito torneo, obtendo ao final un meritorio cuarto posto entre os oito participantes. O sábado gañou os dous primeiros partidos e perdeu o terceiro ante o Ensino 97. O domingo, tendo en conta os resultados do día anterior, xogáronse as finais, na de consolación polo terceiro lugar, perdeu nun partido moi igualado e por un marxe de 4 puntos ante o Ensino 98.
É de salientar que entre os adversarios estaban equipos con moita tradición e sona no baloncesto feminino de Galicia, e que o equipo do noso club competiu en todos os partidos con eles, o cal nos demostra que con traballo se van acadando as metas previstas.