Nota de prensa
FOZ ACOLLE DESDE MAÑÁ E ATA O 6 DE DECEMBRO A FESTA DEGUSTACIÓN DA GASTRONOMÍA DA MARIÑA QUE ORGANIZA ACIA.
Foz, 2 de decembro de 2010. Preto dunha treintena de bares e restaurantes de Foz participarán desde mañá sábado e ata o 6 de decembro na festa degustación da gastronomía da Mariña que organiza ACIA.
O obxectivo desta nova cita “é ofrecer unha alternativa aos que durante a vindeira ponte festiva se achegarán a Foz”, segundo explicaba días atrás o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
Os participantes son: A Maseira, A Quinta, Acuario, O Amanecer, O Taco, Ambigú, Dallas, Dandy, Happy Days, Xoyma, Anduriña, Costumes do Mar, Cervecería Fina, O Fogar do Pelolo, Portovello, El rincón de Anita, Express-Café, O Norte, O Tangarte, A Ribeira, pizzería A Soalta, pizzería Xoiña, As Brasas, O Lar, O Mar e vinoteca A Terriña.
Paleo agarda que esta primeira festa degustación da gastronomía mariñana resulte positiva para todos e convida “á xente a vir á nosa vila durante a ponte a disfrutar das nosas propostas e dos produtos da comarca, do peixe e do marisco, das fabas, das castañas, da carne… queremos que veñan a Foz, que coman ben e que repitan nas propostas que realizaremos ao longo dos vindeiros meses”.