- Nova tenda de moda para home en Ribadeo
Chámase Galán e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA). Está especializada exclusivamente en moda masculina cunha coidada selección de confección, punto, roupa interior e complementos e firmas como Pertegaz, Gaea, Berto ou Birdigan.
- Presentación en Mondoñedo dos libros: 'La Sirena de Fonmiñá', 'La Estela del Peregrino' e 'Sabela Andrade', de' María Carmen Navascués Capdevila
Terá lugar o xoves 10 de abril, ás 19h, na Biblioteca Pública.
- O IES de Foz participa na II Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo
O IES de Foz participa ata este xoves na II Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo. Durante estos dous días amosan a súa oferta educativa e sirven café aos asistentes.
- Cariño conta desde este mércores cunha nova obra de arte que adorna o recibidor da Casa do Concello
Trátase da escultura dun cabaliño de mar realizada polo artista de Cedeira Manuel Armada Santalla, coñecido polas súas creacións a partir de materiais reciclados.
- A libraría Bahía de Foz acolle este xoves a presentación do libro 'Pájaro Raíz' da escritora, narradora e psicóloga Lidia Luna
Trátase dun libro artesán, cosido a man, con debuxos orixinais en cada libro e que contén ademáis un audio con lecturas e recitados da autora. A cita é ás 20.30 h.
- 'Findes Anfibios' do Concello de Cervo
Preparando a Semana Santa co deseño duns chulísimos Ovos de Pascua.
- Ribadeo gardou un minuto de silencio pola primeira vítima de violencia de xénero en Galicia neste 2025: Josefa Fariñas, do Bolo
Tamén estivo presente nesta lembranza o neno de 5 anos vítima da violencia vicaria en Murcia a semana pasada. Persoal municipal, concelleiras e concelleiros da Corporación ribadense, alcalde, representantes de Acisa, veciñas e veciños de Ribadeo acudiron á concentración, que rematou cun sentido aplauso.