Nota de prensa
O secretario xeral dos socialistas galegos afirmou esta mañá que os facultativos cobran primas por dar de alta a pacientes sen solicitar probas diagnósticas complementarias
O GRUPO POPULAR ESIXE QUE PACHI VÁZQUEZ RECTIFIQUE EN SEDE PARLAMENTARIA POR INSULTAR GRAVEMENTE AOS MÉDICOS GALEGOS
Santiago, 24 de novembro de 2010.- O Grupo Popular esixe que o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, rectifique en sede parlamentaria por insultar gravemente aos médicos galegos. Vázquez afirmou esta mañá que os facultativos cobran primas por dar de alta a pacientes sen solicitar probas diagnósticas complementarias.
“Hoxe, o señor Manuel Vázquez insultou moi gravemente a todos os médicos do sistema público galego”, afirmou o deputado popular Miguel Santalices, quen resaltou que Vázquez “chamou corruptos” aos facultativos. Un insulto que leva ao Grupo Popular a esixir que, “en sede parlamentaria, faga a rectificación que ten que facer”.
“Ten oportunidade de facelo; aínda estamos en sesión plenaria”, apuntou o parlamentario do PPdeG, quen cualificou de “barbaridade” a afirmación de Vázquez na sesión de control do Parlamento. De non rectificar, o secretario xeral dos socialistas galegos “perdería a súa dignidade”, concluíu Santalice