Nota de prensa:
O BNG LEVA A PLENO O DRAGADO DA PRESA DE RUA QUE A XUNTA AGORA SE NEGA A EXECUTAR
A presa ten a súa capacidade reducida nun 50% por lodos acumulados e non retiralos suporá incrementos no prezo da auga
O alcalde sabe que a familia de Espiñeirido cede o paso do saneamento pola súa propiedade sempre e cando se pida por escrito.
Cervo, 23 de novembro de 2010. O BNG defenderá no pleno do próximo xoves instar á Xunta de Galiza a que acometa o dragado da presa de rúa, nestes momentos cun 50% da súa capacidade reducida por lodos acumulados, ao negarse agora a Consellaría de Infraestruturas a executar a obra que estaba contemplada no proxecto de abastecemento de auga a Cervo e Burela. Os nacionalistas lembran que o abastecemento por gravidade so e posíbel dende Rúa pero a falta de capacidade suporá a posta en marcha da alternativa de bombeo dende o embalse de Río Covo suporá incrementos no custe de xestión coa consecuencia do encarecemento dos recibos. Os nacionalistas ademais critican a expropiación innecesaria de terreos para rematar o saneamento en Espiñeirido ao lembrar que os propietarios dos terreos remitiron fai tempo por escrito ao concello a súa vontade de deixar paso no momento que se lles pida por escrito ao que o alcalde se negou.
Non dragar a presa de Rúa suporá o incremento dos recibos de auga ao ter que acudir ao bombeo de auga.
O BNG levará a pleno unha moción na que insta á Consellaría de Infraestruturas a executar o dragado da presa de Rúa tal como estaba previsto no proxecto de abastecemento de auga aos concellos de Cervo e Burela contemplado no acordo de segregación. “Os nacionalistas non entenden a negativa actual e moito menos o silencio do alcalde de Cervo que sabe que esta negativa repercutirá nun incremento no prezo do servizo”. O proxecto de abastecemento incluía un dragado necesario en Rúa ao estar reducida a súa capacidade nun 50% por acumulación de lodos para permitir, coa excepción de momentos puntuais, un abastecemento por gravidade que evitara ter que bombear auga dende o pantano de Río Covo polo incremento dos custes de xestión. O portavoz municipal nacionalista Xoán Estúa, “non comprende o silencio do alcalde ante esta negativa que vai repercutir na calidade do servizo e nos prezos dos recibos, aínda que agarda a aprobación desta iniciativa tal como sucedeu no pleno de Burela”.
O alcalde sabe os veciños de Espiñeirido ceden o paso do saneamento pola súa propiedade sempre e cando se pida por escrito.
O BNG acusou ao alcalde, Alfonso Villares, “de seguir alimentando enfrontamentos veciñais en Espiñeirido ao culpar a unha familia do lugar de impedir o paso do saneamento”, o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, manifestou que “o alcalde sabe que esta familia non ten problema en ceder o paso do saneamento pola súa propiedade sempre que se lles pida por escrito”, “o nacionalista considera normal que llo pidan así, xa que o Sr. Villares pretendeu ocupar un camiño anexo á súa vivenda do que presentan escrituras de propiedade como si fora público e 10 meses despois abriu unha investigación sobre a súa titularidade”. “Ao alcalde perdérono as formas e a mala fe e agora pesa sobre el unha investigación xudicial por prevaricación e coaccións”, concluíu Estúa.
Ademais de prevaricación e coaccións o alcalde puido incorrer en falsidade en documento público
Os nacionalistas pregúntanse si no expedente da obra “Conexión de rede de saneamento no lugar do Tellado, Espiñeirido-Cervo”, aprobado pola Xunta de Goberno Local o 17 de febreiro de 2009 e incluído nas actuacións do “Fondo Estatal de Inversión Local. Real Decreto Ley 9/2008 de 28 de novembro”, figuraba “a disponibilidade de terreos e como e posíbel que se certificaran estas obras para cobrar a subvención estatal cando están sen rematar como proba o feito de que volvan a pleno para expropiación e execución. Para Estúa, “Villares perdeu o norte neste asunto e pode seguir perdendo cousas con so rascar un pouco nas entrañas deste expedente”.