Nota de prensa
O GPPP alerta de que a Deputación pode estar a incumplir a Lei de Protección de Datos
* Os populares pedirán ós servicios xurídicos da administración provincial que se pronuncien sobre este asunto tras constatar que a institución provincial recaba información persoal sen explicar debidamente con que fin se vai a empregar
Lugo, a 16 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular alerta de que a Deputación pode estar a incumplir a Lei de Protección de Datos, dado que en determinadas ocasións recaba información persoal mediante formularios sen que neles se informe claramente da finalidade para a que van a ser empregados, mesmo en que ficheiros se van almacenar, e nos que tampouco consta a posibilidade de dirixirse á Deputación para que tales datos sexan eliminados.
Os populares poñen como exemplo desta situación un impreso utilizado para recabar información persoal dos visitantes á carpa tecnolóxica. Segundo explican, ese impreso, no que consta claramente que se efectúa a instancias da Deputación, non se informa ós cidadáns dos detalles mencionados anteriormente, nin se fai ningunha mención á propia Lei Orgánica de Protección de Datos.
De tal xeito que, segundo indican dende o GPPP, non se cumpre o artigo 5º da propia Lei e que fai referencia a que o cidadán pode exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición.
Os populares insisten en que velar polo cumprimento da normativa vixente recae directamente sobre o presidente da Deputación, o socialista Gómez Besteiro. De calquera xeito, e co fin de garantir a tranquilidade dos cidadáns, anuncian que pedirán un informe dos servicios xurídicos da administración provincial sobre este asunto. Non descartan tampouco comunicar esta circunstancia á Axencia de Protección de Datos, que é o organismo de carácter estatal encargado de velar polos dereitos dos cidadáns nesta materia.