“Xoves negro para recuperar a área sanitaria da Mariña, e rematar coas derivacións a Lugo”. A Xunta de persoal do Hospital engade que: “carecemos de servizos básicos como consulta de cirurxía vascular, terapia ocupacional ou fisioterapia respiratoria infantil, nun hospital que tamén carece de unidade de prevención de suicidios, hospital de día infantoxuvenil ou unidade de agudos, que “si que tería de contar con área sanitaria propia”. Ademais, “segue sen haber logopeda no servizo público co que a realidade é que a supresión da área sanitaria só provocou a perda de servizos”, rematan.
