“Mariña Gueimunde intenta confundir á cidadanía coas inversións que a Xunta debe facer nos centros educativos porque a competencia de educación é do ente autonómico e está obligada a manter os centros en bon estado”
Viveiro 8 de abril de 2025. “O Pasado Venres a Alcaldesa de Viveiro acudíu a Santiago soamente a sacarse a foto co Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para anunciar algo que xa estaba anunciado e publicado: inversións nos centros educativos de Viveiro”, din os socialistas.
“O Pasado 31 de xaneiro cando aínda non era a Alcaldesa o Conselleiro veu ao IES María Sarmiento e xa anuciou as inversións nos centros educativos”.
“Parécenos moi ben que invirtan nos colexios e institutos, pero é a súa competencia, a Xunta está obligada a facelo por lei. Non lle regala nada a Viveiro. Polo tanto non se trata dunha inversión extraordinaria, senon que forma parte das súas obligacións. Deixen de vendelo a bombo e platillo como si fose un logro da nova alcaldesa. Algunhas inversións nalgún dos centros deberían de terse feito antes”.
Por outra banda o PSOE denuncia unha vez máis “o ataque a democracia que fixo a Xunta de Galicia aos veciños/as de Viveiro, xa que os anteriores gobernos socialistas pediron reunirse co Conselleiro de educación en varias ocasións sin ser recibida a anterior alcaldesa María Loureiro, en ningunha ocasión”.
“A xunta de Galicia e de todos os Galegos/as, non exclusivamente do Partido Popular”.