NOTA DE PRENSA
As vías de aceso e comunicación entre as distintas parroquias, presentan importantes deficiencias ao atoparse en zahorra un feito que ademais as facía moi vulnerables ás inclemencias climatolóxicas.
O ALCALDE FELICÍTASE POLO ACORDO ACADADO ENTRE XUNTA E A DEPUTACIÓN PARA O ARRANXO DA REDE DE CAMIÑOS PRINCIPAIS DA CONCENTRACIÓN PARCELARIA VAL DE ALFOZ
* Segundo informa Emilio Lousas ambas administracións acordaron a redacción dun convenio, que será asinado nos próximos días, polo que cada administración se compromete a levar adiante as obras da súa competencia.
* O rexedor espera que esto sexa un paso decisivo para que “de inmediato” poia procederse á entrega das fincas de reemplazo da concentración parcelaria
Alfoz, 12 de novembro de 2010.- O alcalde de Alfoz Emilio Lousas deu a coñecer no día de hoxe que a Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Lugo acadaron un acordo para proceder ao arranxo da rede de camiños principais da concentración parcelaria Val de Alfoz. O rexedor felicitouse por este compromiso e sinalou que ambas administracións consensuaron a redacción final dun convenio, que será asinado nos próximos días e polo que cada administración se compromete a levar adiante as obras da súa competencia.
Desde a Alcaldía veñen traballando intensamente para dar solución á problemática xurdida polo mal estado no que se atopaban estas vías de comunicación. Emilio Lousas lembrou que no proxecto de apertura das pistas da concentración parcelaria, e de común acordo coa Deputación Provincial, modificáronse as vías provinciais realizando trazados alternativos e ampliando o ancho das mesmas. Na actualidade estas estradas presentaban importantes deficiencias a ao atoparse en zahorra e, pese a todo, constituían as principais liñas de acceso entre as distintas parroquias. O seu mal estado facíaas moi vulnerables ademais antes as inclemencias climatolóxicas, mentres que agora, estas deficiencias poderán corrixirse.
PASO DECISIVO
O rexedor espera que esto sexa un paso decisivo para a entrega definitiva das fincas de reemplazo da concentración parcelaria Val de Alfoz, de tal xeito que poida levarse adiante de inmediato.