Grupo Municipal Socialista de Cervo
Nin polo mais remoto houberamos imaxinado que o asunto da xa famosa goleta de San Ciprián ía xerar ó debate que estamos vindo nas últimas semanas a través dos medios de comunicación. Lonxe de disgustarnos, parécenos convinte e acertado que a cidadanía e os grupos políticos podamos manifestar a nosa opinión ao respecto, aínda que coma en calqueira debate as xustificacións para a defensa ou a detracción sexan ben distintas. Por unha banda as asociacións que defenden a construcción da goleta involucraronnos, pedindo por un lado que tomaramos partido a favor e por outro facendo xuizos de valor sobre a nosa forma de facer oposición. Iso deunos pé a decir abertamente o que pensamos en ámbolos dous casos, algo que parece gusta e agradece a cidadanía de Cervo, coma estamos a percibir polas chamadas e correos recibidos ao respecto.
Agora é o alcalde de Cervo quen con total liberdade e convinción, expresa a súa postura ao respecto da goleta, e desgraciadamente coma nos casos anteriores, a defensa da construcción do barco vólvese a apoiar de forma errónea nas críticas ao rexidor de Foz e aos membros, coma non, do noso grupo municipal, o que nos da pé de novo, a saír e dar resposta ante as súas afirmacións. Nesta ocasión di o alcalde que as actuacións do grupo socialista tenden a sacrificar os intereses xerais (o interés común) a favor de “certos intereses electorais e persoais”. Coa experiencia destes anos na oposición, e polo desenrolo dos acontecementos nos últimos anos, para cada unha das persoas que formamos parte do GMS, é difícil entender coma o alcalde de Cervo, poido ser capaz en aras do interés xeral que dice representar, plasmar a súa firma nun documento que decidía cortar a auga, a luz e a calefacción aos nenos que de forma totalmente legal e regrada cursaban estudos no CEIP Rivera Casás. ¿Coma un servidor do público e defensor do ben común foi capaz de subvencionar unhas casetas de obra a modo de gardería privada de dudosa legalidade para 4 nenos de San Ciprián, con cargo aos maltrechos fondos públicos de todos?; ¿coma un dirixente do pobo pode manter a unha familia aillada por unha gabia durante case un mes a pesares de ter un dos seus membros unha discapacidad importante e enfrontar sen ter garantía sobre o pleito a toda unha parroquia contra un dos seus veciños?; ¿coma é posible que un alcalde que ten que garantir a eficacia e eficiencia no uso do público poida demandar por unha banda locais sociais a unha administración e demoler por outra edificios xa existentes preparados para albergar ditos locais? ¿Cóma pode entorpecer a labor da oposición negando e retrasando reiteradamente a entrega de documentos públicos de vital importancia para o desenrolo urbanístico e social do concello? ¿Coma pode o alcalde de Cervo con istas premisas, enarborar a bandeira do interese común, cando os piares sobre os que se asenta baseanse no relativismo moral do mesmo interese común co que predica?
Talvez, pero só talvez, obteñamos a resposta nas atribucións que o rexidor popular fae recaer sobre nós: intereses electorais e persoais