Burela, 28 de marzo, 2025. A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela ten preparado para o vindeiro domingo 30 de marzo ás 6 da tarde un Festival Infantil de Baile e Música Tradicional que se desenvolverá no Auditorio da Casa da Cultura, aberto ao público e sen custe para @s asistentes.
Participarán:
Asociación Cultural AMADO LAR, de Ferreira do Valadouro
Asociación Cultural OSORIO GUTIÉRREZ, de Lourenzá
Sociedade Cultural LEDICIA,de Burela
Este Festival é o resultado do traballo de todo o outono-inverno, e así como a natureza florece en primavera, nós queremos aproveitar o momento e disfrutar do entusiasmo das novas xeracións que fan que mereza a pena cumplir 50 anos e máis, pois este futuro que xa é presente da sentido a todo o noso pasado.
“Convidamos á veciñanza a pasar a tarde do domingo con nós, e agradecemos aos grupos participantes que aceptasen o noso convite. Asemade, queremos agradecer a colaboración do Concello de Burela, cedendo as instalacións municipais para este evento”.