Haberá un concurso popular de tortillas, sesión vermú a cargo do Dúo Vivarium e un ambiente familiar para gozar dunha xornada con moita tradSerá o domingo 6 de abril, a partir das 12 horas brá tortillas á venda, realizadas en colaboración
Viveiro, 27 de marzo de 2025. A comisión das festas patronais Viveiro en Festas organiza o vindeiro domingo 6 de abril, no parque Pernas Peón, unha festa para celebrar o Día das Tortillas.
O obxectivo do colectivo é poñer en valor un día con moita tradición no municipio, e para iso promoven unha xornada no que se celebrará o I Concurso Popular de Tortillas Viveiro en Festas, haberá música e contarán cunha gran ambientación para animar ás cuadrillas e ás familias que se queiran achegar ata o lugar.
A xornada comezará coa inscrición do I Concurso de Tortillas, a partir das 12 horas. Aqueles veciños que queiran participar poderán encher a solicitude alí mesmo, onde indicarán o nome e os ingredientes que leve a súa receita.
A partir das 13:30 horas dará comezo a actuación musical a cargo do Dúo Vivarium, cunha sesión vermú estendida.
Unha vez finalizada a música, ás 17 horas, darase a coñecer o veredicto do xurado, proclamando ao primeiro vencedor do Concurso.
Desde a Comisión terán á venda tortillas de chourizo, con cebola e sen cebola, realizadas en colaboración co restaurante local ‘A Tortilla Marabilla’, para todos aqueles que non desexen levar comida de casa. Tamén se poderán realizar pedidos a través do whatsapp do número de teléfono da Comisión (614 19 19 62) ata o vindeiro xoves, día 3 de abril.
Os prezos das tortillas enteiras serán de 15 euros a tortilla normal e con cebola, mentres que a tortilla de chourizo terá un prezo de 17 euros. Ese mesmo día poderanse adquirir tamén por racións.
Segundo indican desde a asociación “consideramos que o Día das Tortillas goza dunha gran tradición en Viveiro, mesmo con centos de anos de historia, e nos últimos anos cada vez menos xente se anima a celelebralo achegándose ata os parques e as áreas recreativas. Por iso, cremos que a través desta actividade podemos reactivar a toda esa veciñanza para que se veña ata o parque e goce dunha gran xornada xunto a familia e amigos”.
A Comisión asegura que “un dos obxectivos que tiñamos como asociación era o de poñer en valor e recuperar tradicións viveirenses, e despois do gran éxito que tivemos na Festa de Antroido, consideramos que facer un evento polo Día das Tortillas seguía un pouco esa mesma liña”.