Navia, 26 de marzo de 2025. A Senda Costeira de Navia renovou a súa Bandeira de ‘Sendero Azul’, un recoñecemento que valora a calidade ambiental, a accesibilidade e a sustentabilidade destes espazos naturais. A entrega de bandeiras tivo lugar en Murcia este mércores e pronto Navia recibirá a súa.
Este carreiro atravesa unha contorna privilexiada, no que se combina natureza, mar e unhas paisaxes incribles. Ao longo do percorrido, atopamos enclaves únicos como a praia de Barayo, Porto de Vega ou a praia de Frejulfe, entre outros.
A alcaldesa de Navia, Ana Isabel Fernández, destacou a importancia desta distinción: “Es un reconocimiento al valor natural de nuestra costa y al esfuerzo por conservarlo. Además es una invitación a descubrir y disfrutar de este paraje único de forma respetuosa con el medio ambiente”.
Este galardón reforza o compromiso do municipio coa conservación e o turismo sostible, posicionando a Navia como un destino onde a natureza e a calidade ambiental son protagonistas