Nota de prensa
MAÑÁ VENRES SEGUE O CAMPAÑAZO DO BINGO EN FOZ. ORGANIZADO POR ACIA REPARTE 1.200 EUROS EN PREMIOS ESTE MES.
Foz, 11 de novembro de 2010. Mañá terá o segundo sorteo do O campañazo do bingo que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos e que repartirá 1.200 euros en premios ao longo deste mes. Un total de 80 establecementos comerciais e hostaleiros reparten de xeito gratuito os cartóns do bingo.
O premio para cada sorteo será de 300 euros en vales de compra. O gañador recibe un talonario con 15 cheques de 20 euros cada un para gastar nos establecementos comerciais que participan na campaña antes do 31 de decembro. O primeiro sorteo celebróuse o pasado 5 de novembro e foi seguido por ducias de veciños nos bares e restaurantes da vila e o segundo será mañá 12 de novembro a partires das 23 horas. O campañazo do bingo é retransmitido en directo por Radio Foz.
ACIA Foz organiza O campañazo do bingo coa colaboración do Concello, Radio Foz, a Dirección Xeral de Comercio, a Federación de Comercio de Lugo e Caixanova.