Foz, 20 de marzo de 2025. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, recibiu este xoves na Aula de Seguridade Viaria do peirao a alumnado de educación primaria do CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo (Viveiro). O xefe da Policía Local, Jesús Amor Prieto, impartiu unha charla didáctica sobre a seguridade viaria e os distintos sinais de tráfico. As nenas e nenos puideron ademais poñer en práctica os coñecementos adquiridos no circuíto da aula, que conta con máis de 330 metros de lonxitude.
Ademais Fran Cajoto anuncia: “a vindeira semana contaremos coa presenza de alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe de Foz Número 1. Animo a todos aqueles colexios que se queiran achegar a que contacten co Concello para concertar unha xornada, que por suposto é totalmente gratuíta. Quero agradecer ás mestras e ao alumnado o interese no noso concello, que ían completar cun paseo pola ribeira da ría na zona de Malates”.