O vindeiro sábado día 13 de Novembro ás 16:00h. no Pavillón Municipal de Viveiro o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO disputará o partido correspondente á sétima xornada da liga provincial sénior masculino enfrontándose ao Taboada Fútbol Sala, partido no que tratarán de volver á senda das vitorias tralas derrotas sufridas ante o Área 10 Escola Club e o Becerreá Fútbol Sala.
Pola súa parte o equipo xuvenil desprazárase o domingo ata a capital galega, Santiago de Compostela, para enfrontarse ao Autos Lobelle de Santiago, nun partido no que tratarán de colleitar a primeira vitoria da tempada, logo das dúas derrotas seguidas sufridas nos encontros xogados na casa.