Viveiro, 18 de marzo, 2025. O Club de Remo Celeiro participou a pasada fin de semana no campionato de España de remoergómetro. Viaxou ata Zaragoza cun grupo de rapaces con discapacidade intelectual, equipo formado grazas á colaboración do club coa asociación de Remo Revolución, apostando forte polo fomento da inclusión e a igualdade.
Os de Celeiro xa viñan de acadar 3 medallas no campionato galego desta mesma disciplina, e o seu rendemento no Campionato de España foi sobresaínte, acadando 7 medallas en distintas categorías.
RESULTADOS CPTO. ESPAÑA / OPEN
Alberto, campeón de España e campeón Open
David, subcampeón de España e subcampeón Open
Tomás, 5º clasificado de España e 4º clasificado Open
Pamela, 3º clasificada de España e campeona Open
Encarna, 6º clasificada de España e subcampeona Open
“Dentro do club estamos moi orgullosos dos logros acadados grazas o esforzo e superación que demostran cada día os nosos remeiros e somos conscientes en que pouco a pouco imos formando unha gran familia de deportistas. Dende aquí animamos a todos os nenos e nenas, e persoas de todas as idades de Viveiro e arredores a vivir a experiencia do remo e a unirse á nosa familia”.
“Moitas grazas a todos os patrocinadores que fan posible que o noso proxecto siga crecendo:
Puerto Celeiro S.A., Área de Servicio Celeiro, Concello de Viveiro, Bar Rolindes, Varaderos de Cillero, Versus Viveiro, Norvoz Viveiro, Grupo Tresmares, Talleres Celeimar, Pizzbur Viveiro, Xunta, Deputacion de Lugo, Conxuro discomóvil, Sildo climatización, Mutua de riesgo marítimo Murimar”.