Ribadeo, 15 de marzo de 2025. O pub Ribanzo acollerá o vindeiro 22 de marzo o II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo, que reunirá a 40 parellas desde as 10 da mañá.
O evento foi presentado no Concello con asistencia do alcalde, Dani Vega, o delegado da Asociación Española de Mus en Lugo, Atxa, e Jesús Santos, gran apoio neste torneo de Ribadeo, tal e como explican desde a organización.
Xa hai 39 parellas inscritas das 40 posibles participantes. O prazo segue aberto ata o xoves, día 20. O sistema será Torneos A, B e C preclasificatorio e eliminatorias. A primeira rolda dará comezo ás 10 da mañá e a quinta está prevista para as 16:30 horas.
Os premios para os gañadores do Torneo A consistirán en invitación para o Máster Nacional 2025, que se celebrará en novembro en Marbella/Estepona (con hotel e media pensión) e 3 invitacións para o premáster; e os gañadores dos Torneos B e C recibirán cada unha das parellas, entre outros agasallos, 2 invitacións para o premáster.
O II Torneo de Mus da Mariña Vila de Ribadeo está organizado polo pub Ribanzo e Asesmus. E contan coa colaboración, entre outros, do Concello de Ribadeo e de Gaudeamus Lugo.