Nota de prensa
A Asociación Cultural Arrincadeira en colaboración co Concello de Riotorto organiza as VII xornadas micolóxicas coincidindo coa celebración do mercado de outono.
Desta volta contaremos coa axuda do mugardés Jose Luis Cuba Crespo, experto micólogo e oito veces gañador do concurso de cestas de cogumelos da feira das Pontes.
A saída a procura dos cogumelos será o sábado as 9 da mañá dende a Praza das Rodrigas. Logo dunha clasificación faremos unha exposición cos exemplares atopados.
O domingo haberá degustación dos cogumelos, en diferentes elaboracións, no marco do mercado de outono que se vai a celebrar nas Rodrigas.
Animádevos e participade na saída para aprender algo máis sobre a micoloxía