Xove, 8 de marzo, 2025. Centos de veciñas e veciños do municipio de Xove participaron hoxe na Andaina polo día da muller coa que comezaron os actos reivindicativos da xornada. Finalizada a camiñada, que contou cun ambiente festivo e de mestura xeracional con persoas de tódalas idades, pasaron a compartir a tradicional Chocolatada coa que o Concello vén celebrando este día durante os últimos anos.
Neste acto, o Concello de Xove, da man da concelleira de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e políticas de Igualdade, Tamara Soto, e da Tenente de Alcalde, Dolores Meitín, renderon homenaxe á Asociación de Mulleres Bolboretas: un referente do asociacionismo feminino en toda a provincia de Lugo, que se fundou en Xove a comezos do ano 1990, e que este ano cumpre 35 anos de funcionamento, creando redes de apoio para as mulleres e loitando pola igualdade.
A Casa do Concello iluminouse coa cor morada que representa este 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
E despois, a Corporación Local, rematou a xornada celebrando xunto ó Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, no food truck da campaña “Galicia sabe amar”, da Xunta de Galicia, que estaba na praza do Concello.