Ribadeo, 8 Marzo, 2025. O 112 Galicia informou ao Concello para que adopte as medidas de prevención e realice as comprobación necesarias para garantir a correcta e segura subministración de auga á poboación.
Os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade informaron ao 112 Galicia dunha vertedura de xurro no encoro de Lexoso, no concello de Ribadeo. Na chamada, que se realizou pouco antes das 16 horas do venres, sinalaron que eles foran alertados por un particular.
Desde o 112 Galicia informouse aos axentes da Garda Civil e da Policía Autonómica, ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia, á Confederación Hidrográfica do Cantábrico, aos Bombeiros de Barreiros e á Policía Local de Ribadeo.
Localizada a vertedura polo Servizo Municipal de Augas, comunicaban que se percibía un cheiro a xurro e que era necesaria a toma de medidas preventivas e de control, algo que levan a cabo desde o propio concello lucense.