Con motivo desta celebración, acercouse este domingo ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, como representante do Concello, para agasallala cunha cesta de diferentes produtos e plantas. A alcaldesa afirmou que “é un verdadeiro pracer e honra para o noso concello celebrar xunto a Ramona e a súa familia este fermoso momento”. “Dende o Concello de Alfoz, desexámoslle que goce dun moi feliz aniversario”.
