Sufríao este venres cando se dirixía ao pregón de Entroido. Foi trasladada ao Hula e horas máis tarde ao CHUAC da Coruña onde perdía a vida a primeira hora da mañá deste sábado. Tiña 63 anos. D.E.P.

Sufríao este venres cando se dirixía ao pregón de Entroido. Foi trasladada ao Hula e horas máis tarde ao CHUAC da Coruña onde perdía a vida a primeira hora da mañá deste sábado. Tiña 63 anos. D.E.P.
A embarcación soltouse e foi arrastrada pola corrente. Acabou ardendo por completo e afundindo. Varios alertadores informaron ao 112 Galicia dos feitos desde terra. Pasaban escasos minutos das 2 horas desta madrugada cando un particular alertou ao 112 Galicia dunha planadora que comezaba a arder polo motor. A embarcación permanecía fondeada a carón do porto de Cariño, pero pouco despois acabou por soltarse. Os equipos de emerxencias seguiron a situación en todo momento, descartando calquera situación de perigo para a navegación ou a presenza de calquera tipo de vertedura. No operativo participaron Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, o GES de Ortigueira e os axentes da Garda Civil.
Así, no encontro prestouse especial atención ao que ten que ver coa dinamización cultural, a conservación do patrimonio ou mesmo ou accións enfocadas á lingua e á xuventude. Con esta xuntanza, o representante da Xunta continúa coa rolda de contactos cos responsables dos distintos concellos galegos para escoitar de primeira man as súas necesidades no marco das súas competencias.
Está organizado polo alumnado de II BACH do IES Marqués de Sargadelos en colaboración coa oficina de voluntariado xuvenil. Será este sábado 28, a partir das 19:00 horas na Praza dos Campos, con música, bingo, sobremesas, palomitas, chocolate... e moitas sorpresas.
Alí, salientou o papel deste evento como dinamizador do sector cárnico galego e a súa contribución á hora de xerar emprego no rural. Ademais, o director da Axencia destacou a gran calidade dos produtos agroalimentarios galegos, neste caso o butelo, un produto tradicional da gastronomía galega. Este ano, a Feira do Butelo da Fonsagrada reúne a máis de 60 expositores nos que ademais de produtos cárnicos, tamén se poden atopar outros como queixos, meles ou doces, entre outros.
Os propietarios de 2barbers son José Rodríguez Fernández, natural de Vegadeo, e Sara Rodríguez López, de Madrid, e agora residente en Ribadeo. Están moi contentos por lograr este premio.
Durante o emotivo encontro, o rexedor trasladoulle o agarimo de todo o municipio, destacando a importancia de celebrar a vida e a experiencia das persoas maiores: “É unha honra para o Concello de Trabada compartir este momento tan especial con Tomasa. O seu século de vida é testemuño da nosa historia e do noso sentir comunitario. En nome de toda a veciñanza, desexámoslle moitísima felicidade e saúde”, sinalou Rubén García. Como mostra de recoñecemento, a concelleira e o alcalde fixeron entrega a Tomasa dunha placa conmemorativa e dun ramo de flores. Desde o Concello de Trabada destacan o compromiso de seguir a render homenaxe ás persoas maiores, verdadeiros alicerces da identidade e da memoria colectiva do municipio.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital