Ribadeo, 28 de febreiro de 2025. Ribadeo acollerá a quinta edición da Heroican Race o vindeiro 28 de setembro. Concello e BeOne subliñan a dimensión deste evento deportivo, que foi presentado esta mañá.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “agradézoche a Roberto e todo o seu equipo que veñan a Ribadeo. O Concello, evidentemente, colabora naquelo que observa e visualiza que é interesante para o municipio. A Heroican Race, que sempre se celebrou en Ribadeo, durante un período non puido ou non foi posible, por desgraza, pero cando nós chegamos ao Concello ao goberno decidimos colaborar con este evento”.
O rexedor dixo: “evidentemente, dio Roberto e dio moi ben, é unha actividade deportiva, pero tamén ten unha dimensión económica, ten ese impacto económico, é un revulsivo para a hostalería, para o comercio, para os hoteis. En definitiva, é outro impulso económico que necesita Ribadeo. A Heroican ven para Ribadeo grazas a Roberto e todo o seu equipo. E tamén teño que dar as graxas, evidentemente, á Área de Deporte do Concello de Ribadeo, a Silvent e a Iván, que conxuntamente estamos facendo moito traballo e ese traballo nótase porque hai unha planificación e unha preparación, con moitas dificultades, pero sempre baixo criterios razoables de entender que o deporte é outro dinamizador económico”.
O CEO de BeOne, Roberto Ramos, sinalou: “estamos muy satisfechos por estar aquí hoy de nuevo en el Ayuntamiento de Ribadeo anunciando la quinta edición de la Heroican Race. Se va a realizar el domingo 28 de septiembre. Hemos estado unos años sin hacerlo, volvimos el año pasado con el gran apoyo del Ayuntamiento de Ribadeo y bueno para mí, para BeOne es una satisfacción, para mí personalmente es una satisfacción volver a estar organizando esta actividad, que es un motor importante para darle todavía más visibilidad de a Ribadeo en el mundo y un activador también de la hostelería, el comercio y es una forma de bueno, yo creo de rematar un poquito el año, ¿no? el verano, ese 28 de septiembre”.
E engadiu: “estamos muy contentos, seguro que vamos a tener una gran participación y tendremos sorpresas y cosas nuevas en esta edición”.