Nota de prensa
As tres modalidades de Km0: Orixinal, a Compostela e Xtreme, presentes nas rutas desta semana
Escala, peregrinacións, xunto con visitas ós ferreiros, adegas, praias e ás Reservas da Biosfera protagonizan as viaxes da segunda xornada de novembro
As tres modalidades de Km0: Orixinal, a Compostela e Xtreme, están presenten nas rutas do programa medioambiental desta semana facendo posible que 300 persoas redescobran a ampla riqueza da provincia coa pioneira iniciativa da Deputación. Precisamente, este martes, estudantes do colexio público das Nogais e membros da asociación da Virxen da Saleta de San Xulián de Mos foron recibos no Pazo de San Marcos previamente ás viaxes que realizaron á zona sur e á costa da provincia. No primeiro dos casos, fixeron a ruta “Adegas e Miradores” que inclúe visitas á Pena do Castelo, ó Mirador do Duque e ó de Cadeiras. Mentras, no segundo caso, coñeceron o traballo dos ferreiros de Ferreiravella, -profesionais en auxe grazas ó Km0.Deputación de Lugo-, a forxa de Leiriz e Villada, e os Fornos da Pontenova.
Este mércores, mozos do CEIP de San Xoan de Becerreá redescubrirán unhas das 3 Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO que se extenden no 55% do territorio da provincia. 55 rapaces visitarán o Centro de Interpretación de Terras do Miño, ademais do centro de Cestería do Río Rato, a Muralla e a Catedral. Pola súa banda, a asociación de veciños de Distriz de San Martiño, en Vilalba, viaxarán a Viverio, e coñecerán a lonxa de Celeiro, a praia das Covas, -unha dos 21 areais avalados pola Unión Europea logo de acadar a certificación medioambiental da Deputación-, así como a cerámica de Regal.
As rutas do xoves serán “Lugo Vertical”, pertencente á modalidade Km0 Xtreme, e “Portomarín”, de Km0 Compostela. Deste xeito, alumnos do CEIP As Mercedes da capital practicarán a escalada no contorno do Mazo de Santa Comba, e cidadáns de San Miguel de Reinante farán o Camiño Francés o seu paso por Portomarín.